RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Deportivo B, falto de efectividade, deixouse dous puntos ante a Real Sociedade B

Punto agridoce para o Deportivo B esta tarde ante a Real Sociedade B (0-0), un rival directo na loita pola permanencia. Os xogadores de Perico Ramallo non tiveron efectividade en ataque. O xuvenil Chirri tivo a mellor oportunidade nun cabezazo que se foi

Deportivo B: Marcos Valín; Seoane, Sergio Benito, Juanan, Castelo, Rochela, Juan Domínguez, Iván Carril, Iván Pérez, Lassad e Herbert. Tamén xogaron: Chirri, Aridane e Dani.

O vindeiro domingo, ao cinco da tarde, o Deportivo B visitará ao Guijuelo.

Por outra banda, os fabrilistas Chirri e Rochela incorpóranse este luns 26 de xaneiro a uns adestramentos da Selección Española Sub-19 en Las Rozas (Madrid). Ambos os futbolistas estarán ata o mércores 28 de xaneiro.