RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo cae en Riazor ante o Arabés

O Arabés gañou ao Deportivo esta noite en Riazor por un gol a cero nun encontro con dúas partes diferenciadas. Os visitantes non deixaron xogar e ao final levaron o tres puntos. Os deportivistas terán que esquecer xa a derrota posto que o martes visitan B


O primeiro tempo caracterizouse polas interrupcións constantes do xogo. O Arabés non deixa xogar e iso ao Deportivo faille dano. A medida que avanzou este período o Deportivo empezou a aproximarse á portaría de Kike con intención pero sen acerto e así Djalminha e Tristán foron os encargados de pór o perigo, pero foi o Arabés o que aproveitou unha xogada a balón parado para bater a Molina. Rubén Navarro saca unha falta na frontal que despexa Molina pero o balón queda na área e Astudillo marca. Tras o gol Jordi aínda tivo unha gran ocasión que detivo Molina.


Na continuación o Deportivo cambia a Héctor e entra Víctor. O segundo tempo comezou con atraso por un defecto nunha rede que descobre Molina na portaría de Maraton, que defende no segundo período a meta deportivista. Pero aínda que empezou tarde, o Deportivo saíu con moitas ganas e intención e así Víctor e Amavisca xa gozaron de ocasións nos minutos iniciais e Roy Makaay rematou un balón alto que fixo levantar ás bancadas. Despois o holandés dispuxo dun remate a saque de falta de Djalminha e dunha boísima ocasión en xogada a pase do brasileiro que se foi rozando o poste.

César rematou de cabeza un saque de esquina e o estadio xa cantaba o gol. Pero o Arabés interrompeu o xogo con insistencia e o colexiado non sinalou un par de xogadas polémicas na área a favor do Deportivo. A presión do Deportivo sobre a meta de Kike foi a máis, pero nin Víctor, nin Makaay nin Pandiani tiveron fortuna. Ao final, vitoria dos de Manei e tres puntos que se van de Riazor.

O Deportivo saltou ao campo con Molina, Héctor, Donato, César, Romeu, Mauro, Sergio, Amavisca, Djalminha, Makaay e Diego Tristán. No banco Scaloni, Nuno, Capdevila, Pandiani, Víctor, Valerón e Duscher.

O Arabés saltou con Kike, Coloccini, Ibon Begoña, Tellez, Geli, Rubén Navarro, Pablo, Jordi Cruyff, Astudillo, Llorens e Turiel.
No banco Herrera, Karmona, Mara, Magno, Iván Alonso, Witschge e Vucko.