RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Deportivo empata en Vallecas

Nun partido moi disputado Deportivo e Raio empataban a un tanto en Vallecas con goles de Birlo para o Raio e de Valerón para o Deportivo.

Daba entrada Irureta un once formado por Molina, Manuel Pablo, Romeu, César, Helder, Mauro, Emerson, Fran, Víctor, Valerón e Makaay, mentres que polo Raio saltaban de inicio Keller, Alacazar, Mingo, Ballesteros, De Quintana, Helder, Quevedo, Mauro, Iván, Luís Cembranos e Birlo.

Comezaba o partido co Deportivo ao ataque, e xa nos primeiros minutos chegaban á portaría defendida por Keller nun centro de Valerón e un posterior de Víctor ao que por moi pouco non chega Makaay. O Raio creaba perigo a balón parado así un disparo de Luís Cembranos era despexado por Molina a córner.

O ritmo do partido era vibrante e o Deportivo gozaba de mellores ocasións como cando un centro de Fran era peiteado por Makaay para o remate de Víctor, pero este golpeaba mal e desperdiciaba a oprtunidad. Ao vinte minutos se producia a máis clara ocasión da primeira parte, cando tras un pase en profundidade de Víctor para Makaay, este puña un pase da morte para Fran que, practicamente dentro da portaría, enviaba alto.

Disporía o Deportivo doutra gran ocasión nunha xogada na que Emerson abría para Víctor, que disparaba contra a saída de Keller. O Raio aprovechava os contraataques e as xogadas a balón parado para crear perigo, e así nun saque de esquina, Ballesteros remata e saca Manuel Pablo baixo paus. Dous minutos despois sería Birlo o que estamparía o balón no traveseiro tras un remate en carreira desde dentro da área. Enel último minuto da primeira parte, tras un pase de Iván Igrexas, Luís Cembranos quedaría só diante de Molina, e o seu disparo repelíao o porteiro deportivista.

O Deportivo saía tamén con forza na segunda parte, pero sería o Raio aos 11 minutos o que se adiantaría no marcador cun gol de Birlo que tras un gran pase quedaba delente de Molina e batíao na saída.

O Deportivo non veu abaixo e continuou creando ocasións, como unha internada de Víctor pola banda que cruzaba en exceso. Puido sentenciar o Raio cando tras unha combinación entre Luís Cembranos e Birlo, este quedaba só ante Molina, pero o seu disparo era repelido por Molina. Doss minutos despois tras un centro de Romeu, Makaay tócaa sutilmente para Valerón que bate a Keller na súa saída.

Tras o empate o Deportivo continuou tentándoo pero sen éxito, os minutos avanzaban e os de Irureta controlaban o balón pero a defensa do Raio non deixaba poucos ocos. A ocasión máis clara nestes minutos foi un disparo de Pandiani desde fóra da área que obrigaba a lucirse a Keller.

Tras a disputa da trixésimo-terceira xornada,a falta de 5 para o final, o Real Madrid lidera a clasificación con 8 puntos de vantaxe sobre o Deportivo, mentres que o equipo coruñes goza dunha vantaxe de 2 puntos sobre a Valencia, de 5 sobre o Mallorca e de 8 sobre o Barcelona.