Despois do encontro contra o Ensidesa, os deportivistas retornaron á súa base en Perbes. Onte pola mañá foron sometidos alí mesmo a recoñecemento médico.
O doutor Barbeito dedicouse a examinar a todos aqueles que durante o partido cos asturianos sufriron golpes e contusións. E despois de comer, á primeira hora da tarde, a expedición branquiazul marchou por estrada cara a Oviedo, primeira etapa da súa viaxe a Santander, onde chegará hoxe a fin de esperar a hora do encontro contra o Estaleiro...