RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Deportivo, na reunión da LFP en Valencia

- Foto: LFP - O Presidente do Deportivo, Tino Fernández, se desplazó ata Valencia para participar na reunión da liga de Fútbol Profesional que se celebró no hotel NH da capital do Turia durante o día de hoxe.


- Foto: LFP -

Tras a cea oficial da LFP, na que o presidente branquiazul, compartiu mesa e mantel co máximo responsable do fútbol profesional español, Javier Tebas, esta mañá tiveron lugar as reunións da Comisión Delegada e a Asemblea Xeral da liga.

Ao termo dos encontros a LFP emitiu o seguinte comunicado oficial sobre os asuntos tratados:

" Informe de xestión das novas direccións LFP:
1. Dirección de integridade: presentouse ante os afiliados a Manuel Quintanar como novo director do Departamento de Integridade. Marcouse como obxectivos prioritarios do departamento a loita contra a fraude deportiva (formación de clubs) e audiovisual e propúxose unha directiva europea única para acordar unha Lei de Propiedade Intelectual.
2­. Dirección de proxectos estratéxicos: Presentouse a Ignacio Martínez Trujillo como novo director do departamento. Expuxo distintas propostas de acordos con importantes partners tecnolóxicos.
3. A Dirección xeral corporativa anunciou un estudo do impacto económico do sector fútbol profesional na sociedade.
4­. Dirección legal: A EPFL establece unha subcomisión de estudo sobre o Match Fixing. A LFP estará representada neste organismo na figura de Manuel Quintanar. Ademais informouse dunha solicitude, por parte da UEFA a todas as ligas e federacións, de informes sobre integridade nas competicións. A LFP xa enviou estes informes previamente á demanda da UEFA.

LFP WORLD CHALLENGE. Presentouse ante os clubs as bases do proxecto que une ao fútbol e ás empresas españolas na Spain Experience. Acontecemento declarado de excepcional interese público que será presentado no mes de marzo de 2014.

Modificacións estatutarias da LFP.
- Imporanse sancións de carácter moi grave aos directivos que non informen sobre o Match Fixing.
- Cada club designará a unha persoa para velar pola integridade.
- Aprobouse a poxa de estatísticas oficiais da LFP.
- Vaise a nomear un xuíz de disciplina social: Manuel Rivero.

Encontro cos grupos parlamentarios: anunciouse aos clubs un novo encontro con todos os grupos parlamentarios para actualizar información sobre o control económico.

A próxima Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase en Bilbao nunha data aínda por confirmar."