Hai 25 anos era noticia no seo do equipo branquiazul a cesión dun punto en Riazor ao Baracaldo que nunca puntuara aquí, ademais o xogo realizado polos xogadores deportivistas deixou moito que desexar.
Arza chegou á sala de prensa visiblemente afectado, dunha parte o gripazo do que está aínda repóndose, e doutro, a contrariedade e o enfado pola forma en que xogou o seu equipo,
Claro que o segredo está nos males que afectan ao Deportivo, que a punto estivo o domingo de quedar sepulto nos abismos do descenso despois de cometer tantos erros atacando como fallos defendendo, sobre todo fallos de marcaxe, o Baracaldo expuxo o seu ataque con dous dianteiros centro e iso foi suficiente para traer de cabeza á defensa.