A prestixiosa publicación xaponesa World Soccer Digest dedicou hai unhas semanas unha ampla reportaxe ao Real Club Deportivo da Coruña no que se inclúe unha entrevista con Javier Irureta. A revista tamén fala con Walter Pandiani.
A publicación fai unha ampla reportaxe sobre a liga Española e se para especialmente no club herculino. Pero neste exemplar tamén hai unha entrevista con Kaka, do Milán. Dentro das páxinas dedicadas á UEFA Champions League 2003-2004, World Soccer Digest fai unha entrevista especial ao técnico do Deportivo, Javier Irureta.