A UEFA acaba de dar a coñecer os coeficientes dos clubs europeos,
baseados en datos tomados desde o ano 99 ata o 2003. O Deportivo consolídase como sexto mellor coeficiente europeo, con 104,350.
Só superan aos branquiazuis o Real Madrid (146.350)
O seguinte club español é o Celta, decimoséptimo. O Mallorca aparece
xa no posto 29 do ranking que estable o máximo organismo futbolístico
continental. Valora a UEFA sobre todo a regularidade. E o Deportivo é un dos
equipos máis regulares do continente. Desde a 99-2000, ano no que o Dépor
participou na Copa da UEFA, o club é fixo nunha competición continental. É máis, esta tempada sumará a súa quinta participación consecutiva na liga de Campións;
unha xesta que só está á altura dos grandes equipos do
continente.