RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
BENXAMÍN A

O duelo da zona alta no subgrupo 1º de Primera A Coruña foi para o Benxamín A

O duelo na zona alta da clasificación do subgrupo 1º de Primera A Coruña entre o Victoria CF e o Benxamín A foi para os branquiazuis (0-4).

Yago Prieto, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Antón Fernández foron os goleadores deste encontro da 7ª xornada.

Con este resultado, o conxunto de Jacobo Saco suma 18 puntos por 15 puntos do segundo clasificado, agora o Ural Español CF.

Benjamín A: Antar Teijeiro, Yago Prieto, Breogán Díaz, Antón Fernández, Adrián Liñares, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Álex Casado. Tamén xogaron: Samuel Rodríguez e Mateo Cardelle.

O vindeiro martes 5 de decembro ás 18:45, o Benxamín A mídese en Abegondo ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados do Benxamín A ata a data son os seguintes:

Oza Juvenil SD 0 - Benxamín A 12 (Alberto Novo -4-, Álex Casado -2-, Mateo Cardelle -2-, Antón Fernández -2-, Leo Lorenzo e Diego Castelo)
Benxamín A 9 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle, Álex Casado e Antón Fernández) - Ural Español CF 2
CD Calasanz 1 - Benxamín A 12 (Leo Lorenzo -3-, Adrián Liñares -3-, Alberto Novo -2-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Novo) 
Benxamín A 14 (Mateo Songo'o -4-, Diego Castelo -3-, Alberto Novo -3-, Álex Casado -2-, Adrián Liñares e Leo Lorenzo) - Compañía de María 0
Orillamar SD 0 - Benxamín A 11 (Mateo Songo'o -4-, Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo, Adrián Liñares, Yago Prieto e Diego Castelo)
Victoria CF 0 - Benxamín A 4 (Yago Prieto, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Antón Fernández)