RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
BENXAMÍN A

Torneo amigable para o Fabril FC Alevín na Pobra e para un equipo benxamín na Estrada

Esta fin de semana dous equipos de ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable.

Así, o Fabril FC Alevín compite este domingo 25 de maio no Torneo Internacional Congalsa que se xoga no campo de A Alta na Pobra do Caramiñal.

Por outra banda, un equipo benxamín do Deportivo xogará este sábado 24 de maio na Estrada no VIII Torneo Concello da Estrada.

O calendario é o seguinte:

Categoría alevín
Torneo Internacional Congalsa en A Alta (A Pobra do Caramiñal)
Domingo 25 de maio
Primera Fase, no campo Ferdoba
8:57: FABRIL FC ALEVÍN - GONDOMAR FB
10:18: FABRIL FC ALEVÍN - PABELLÓN OURENSE CF
11:39: FABRIL FC ALEVÍN - REAL ZARAGOZA
13:00: FABRIL FC ALEVÍN - SD ACEA DE AMA
Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que arrincan ás 15:30

Categoría benxamín
VIII Torneo Concello da Estrada no Novo Municipal
Sábado 24 de maio
Primera Fase
10:30: UD SANTA MARIÑA - DEPORTIVO
11:24: VITORIA DE GUIMARAES - DEPORTIVO
En función da súa clasificación o equipo pasará a unha segunda fase, que arrinca a continuación