RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

''O equipo está a traballar ben'', subliña Richard Barral

Richard Barral, Director Deportivo do Club, fixo balance esta mañana na sala de prensa de Abegondo, a dez xornadas para o final do presente curso. "Cando non se gaña sempre sente un pouco de preocupación. Igual que cando na primeira vol

Non lle atopa Richard explicación a este refacho de partidos sen coñecer a vitoria: "O persoal é a mesma, o corpo técnico é o mesmo. Ás veces sucede. Temos un bo persoal, temos un bo corpo técnico. O equipo está a traballar ben. Non tedes máis que ver o día a día do adestramento. A xente non se relaxou en ningún momento. Ás veces suceden estas cousas".

Está convencido de que "ao final non imos ter problemas. Nunca sabes, porque en fútbol as matemáticas non existen. Intranquilidade ata o punto de pensar que imos pasalo mal eu non teño esa sensación".

Abordou Barral todas as cuestións expostas polos medios de comunicación referentes ao equipo e a futbolistas en particular, caso de Lux, Fabricio, Pletikosa, Sidnei, Juanfran ou Lucas.

Futbolistas cedidos, caso de Luís Alberto ou Fede Cartabia
"Ao final cando consigamos o obxectivo da salvación, sentarémonos e valorar todo. Algúns nos interesaría que continuarán e poriámonos/poriámosnos en contacto cos seus axentes e os seus clubs".

Poroto Lux
"Estamos desde hai tempo negociando a súa renovación. As posturas están bastante próximas pero aínda non chegamos a un acordo. O obxectivo do Club é renovalo, o obxectivo do Germán é quedar".

Fabricio
"Non está descartada a súa continuidade. Como dixera o Presidente na súa anterior rolda de prensa, tanto Fabricio como nós temos liberdade para negociar nós con outros porteiros e el con outros clubs. Pero nalgún momento podémonos atopar. Para nada está descartado".

Celso Borges
"Celso Borges ten aínda un ano de contrato. Interésanos amplialo. Estamos moi preto de chegar a un acordo".

Pletikosa
"Este corpo técnico, e ademais paréceme correcto, quere que haxa tres porteiros cando viaxamos, na convocatoria. Coa lesión de Fabricio necesitamos incorporar a un. Pletikosa vén como un porteiro máis e o corpo técnico decide o que lle parece mellor para levar e para ser convocado. Pletikosa é un porteiro cunha ampla traxectoria. Ninguén o vai a descubrir. Foi máis de 100 veces internacional nunha selección de alto nivel. Estivo en mundiais e eurocopas. Está a disposición do técnico como Manu e Germán Lux".

Juanfran
"Iniciamos algunha conversación e aínda a súa situación non está clara aínda el co seu axente e o seu club de procedencia". "Mentres eles non o teñan claro, nós non podemos decidir", engade.

Lucas
"Lucas é xogador do Dépor. É coruñés, está ilusionado coa súa fichaxe polo Deportivo. Ten unha cláusula e estamos expostos a que alguén veña e páguea como calquera outro xogador. Gustaríanos que seguise, pero o que vai pasar non o sei". "O Club non ten ningunha oferta por Lucas nin por ningún xogador neste momento", subliña.