RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril araña un punto en Salamanca

Foto: - @UnionistasCF -

O Fabril rabuñou un punto ante o Unionistas de Salamanca CF (0-0) e fai aínda mellor o triunfo da pasada fin de semana en Abegondo ante o Real Madrid Castilla.

Ademais, o filial deportivista consegue por primeira vez deixar a súa portería a cero lonxe da Cidade Deportiva.

A primeira parte do encontro nas Pistas do Helmántico foi para o Fabril, que puido adiantarse no marcador grazas a ocasións de May, Gandoy ou Montiel.

Após o descanso, mellorou o conxunto salmantino, lonxe de abafos clasificatorios que sofren os branquiazuis. Pero os fabrilistas mantiveron esta vez a solidez en defensa e o marcador non se moveu.

Con este resultado, o Fabril suma 13 puntos e achégase aos poucos á zona de permanencia.

Fabril: Pedro López, Blas, Lucas, Quique Fornos, One, Gaizka, Víctor, Gandoy, Uxío, Montiel e May. Tamén xogaron: Pedro, Iago Novo e Raúl González.

O vindeiro domingo 16 de decembro, o Fabril recibe en Abegondo á CyD Leonesa (12:00 h.).

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0