RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril arrinca a liga en Terceira cun inxusto empate ante a Cidade de Santiago

O Fabril comenzó esta mañana a tempada en Terceira División no Mundo do Fútbol. Fíxoo empatando (1-1) ante a Cidade de Santiago. Foi un resultado inxusto dadas as numerosisimas oportunidades falladas polos branquiazuis.

Os de Perico Ramallo, con moitos futbolistas que subiron do equipo xuvenil, quizais pagaron coa súa falta de experiencia todo o que rodeou ao rival de hoxe, a Cidade de Santiago, un equipo descendido por falta de pagamentos de Segunda División B, que practicamente ata o venres non confirmou a súa participación, que acudiu con case todos os seus futbolistas fichados no último instante e que recorreron ao xogo duro para frear ao Fabril. Non en balde, os santiagueses acabaron con oito futbolistas sobre o campo. Luís Anxo anotou o único tanto deportivista.

Deportivo B: Valín, Valencia, Raúl, Vieites, Rochela, Toni, Añón, Dani, Joshua, Richi e Luís Anxo. Tamén xogaron: Héctor, Vea e Hugo.

O vindeiro domingo 6 de setembro, o Fabril visitará ao Negreira, ás 18.00 horas.