RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril arrinca a liga o sábado 30 de agosto en Lemona

O Deportivo B, después da súa brillante tempada pasada na que a punto estivo de lograr o ascenso a Segunda División, arrincará o curso 2008-09 o próximo sábado 30 de agosto ás 18.00 horas en Lemona, ante o conxunto vasco

Pero antes, os homes de Perico Ramallo teñen por diante unha semana intensa de adestramentos e un fin de semana cun Torneo na modalidade de tres "nun" en Conxo e un amigable ante o Santa Comba.

          O sábado 23 de agosto, o Fabril xogará o Memorial Óscar Muiño. Ás 18.00 enfrontarase en Conxo ao Santiago de Compostela e ás 19.00 á Cidade de Santiago.

          Xa o domingo 24 de agosto, os branquiazuis desprazaranse a Santa Comba para medirse ao equipo local nun amigable que dará comezo ás 18.30 horas.