RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril cae pola mínima en Guijuelo

O Fabril caeu derrotado (1-0) en Guijuelo nun choque que decidiu un gol de Jonathan Martín, capitán do conxunto salmantino, no minuto 64.

Co resultado deste partido, correspondente á 7ª xornada no grupo 1º da Segunda División B, o filial deportivista queda con 4 puntos na 19ª posición da táboa.

O partido foi igualado, con poucas ocasións de gol en ambas as porterías. Iso si, tralo gol local na segunda parte, sufriu o Fabril, que se lanzou en busca da igualada e propiciou os perigosos contragolpes do Guijuelo.

Fabril: Pedro López, Blas, Quique Fornos, Mujaid, One, Carlos López, Víctor, Javi Cobo, Juanje, May e Montiel. Tamén xogaron: Uxío, Luismi e Diego Villares.

O vindeiro sábado 13 de outubro (17:00 horas), o Fabril recibe en Abegondo ao AD Unión Adarve.

Así transcorre a temporada para o Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0