RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril encara o seu primeiro amigable con todos os seus futbolistas, incluídos Dani Barcia, Iván Guerrero, Guille Bueno e o meta Brais

Óscar Gilsanz citou a todos os seus xogadores para o amigable de mañá sábado 31 de xullo ás 11:30 no campo 3 de Abegondo ante a SD Sofán, conxunto recentemente ascendido a Terceira RFEF.

O técnico fabrilista poderá contar con Dani Barcia, Iván Guerrero, Guille Bueno e Brais, que se adestran asiduamente con Borja Jiménez e mesmo os dous primeiros tiveron minutos no amigable do Deportivo do pasado mércores en Vilalba.

Serán baixa Alberto, Juan Rodríguez, Yeremay, Trilli, Noel e Mella, convocados polo primeiro equipo para o partido en Viveiro de mañá sábado ás 19:00 horas.

A Federación Galega fixou para o 12 de setembro a data de inicio da liga. O ente federativo advirte que esta previsión se pode ver afectada pola situación sanitaria derivada da pandemia de COVID-19.

Desexa a Federación Galega que cando arranque a competición estea xa avanzada a vacinación da poboación, co que poidan estar inmunizados o máximo número de deportistas posibles.

O calendario de pretemporada do Fabril, que irá collendo forma nos próximos días, é o seguinte:

Fabril - SD Sofán, sábado 31 de xullo, 11:30 h., Abegondo
Fabril - Silva SD, mércores 4 de agosto, 19:00 h., Abegondo