RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Alevín vence ao Ural Español CF e iguala co Alevín A deportivista no máis alto do subgrupo

O Fabril FC Alevín gañou (2-0) ao Ural Español CF, con dobrete de Iván Gil, na 3ª xornada da Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.

Os fabrilistas, con este resultado e cos 3 puntos arrastrados da Primeira Fase, igualan na 1ª posición do subgrupo con 9 puntos ao Alevín A branquiazul, aínda que este xoga o seu partido o sábado na Torre ás 9:30 ante o Atlético San Pedro.

Ambos os equipos, Fabril FC Alevín e Alevín A deportivista, ven as caras na próxima xornada, en choque previsto para o xoves 4 de maio ás 19:00 en Abegondo.

Fabril FC Alevín: Roque Martínez, Yoel Puñal, Hugo Macedo, Jorge Fernández, Iván Gil, Nacho Villanueva, Hugo Pousa e Álvaro Gómez. Tamén xogaron: Iago Miranda, Hugo Luaces, Martín López, David Gómez e Brais Martínez.

Os resultados do Fabril FC Alevín nesta fase son os seguintes:

Deportivo 3 - Fabril FC Alevín 1 (Martín López)
Atlético San Pedro 1 - Fabril FC Alevín 4 (Álvaro Gómez, David Gómez, Hugo Macedo e Martín López)
Fabril FC Alevín 2 (Iván Gil -2-) - Ural Español CF 0