RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril FC Benxamín abriu hoxe con triunfo e título do seu grupo a fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Esta xornada semanal en #ANOSACANTEIRA arrancouna o pasado mércores o Infantil B, que igualou (1-1) co Oza Juvenil SD A, o seu máximo rival, e proclamouse, a falta dunha xornada, campión da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.

Hoxe venres 28 de maio, a quenda foi para o Fabril FC Benxamín en Abegondo. Os fabrilistas impuxéronse (1-4) ao CD Calasanz A e lograron o título do grupo C da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito.

O calendario sufriu onte unha modificación que afectou a dous dos equipos alevíns branquiazuis.

En primeiro lugar, o encontro de fútbol once do Alevín ante o segundo clasificado do grupo A da Primeira Autonómica A Coruña, o CD Calasanz A, correspondente á penúltima xornada e previsto inicialmente para o domingo 30 de maio, trasládase a mañá sábado 29 ás 19:30 no campo 1 da Torre.

Os branquiazuis son campións de grupo, posto que teñen seis puntos de renda sobre o conxunto colexial, que ademais descansará na última xornada.

E o choque do Alevín A de fútbol oito ante o Ural Español CF, correspondente á 6ª xornada no grupo A da Primeira Autonómica A Coruña previsto para mañá sábado 29 de maio ás 9:30, trasládase ao xoves 3 de xuño ás 18:00 na Torre (campo 1.1). Ambos os equipos marchan empatados á fronte da clasificación do grupo con 13 puntos en cinco partidos disputados.

En Xixón, o domingo ás 12:00, conclúe a temporada o Deportivo ABANCA B. O filial deportivista cumpriu o seu obxectivo clasificatorio de pelexar polo ascenso cos mellores da categoría e, á vez, fornecer de futbolistas ao primeiro equipo de Primera Iberdrola, caso de Eva Dios, María Figueroa, Tati, Sara Álvarez... Ademais de Carlota ou Patri López, en dinámica do primeiro equipo desde principio de temporada.

O equipo de Kevin Cabado levou ademais unha nova alegría coa citación de Paula Novo para uns adestramentos coa selección española sub-17 desde o luns 31 de maio ao xoves 3 de xuño.

Tamén en Xixón, neste caso mañá sábado 29 ás 17:00 horas, conclúe a segunda fase da División de Honra o Xuvenil A. O conxunto de Óscar Gilsanz viaxa a Asturias a esta última cita como brillante campión de grupo e co billete para a Copa de Campións no peto.

O outro equipo xuvenil, o B de Liga Nacional, retomará progresivamente a partir de mañá sábado os adestramentos para afrontar as dúas últimas xornadas da segunda fase, aínda sen data: en Vigo ante o Coruxo FC e en Abegondo, a última, ante o RC Celta B.

En categoría cadete, mentres o A xa é campión do subgrupo D da División de Honra cunha última xornada por diante; o B de Liga Galega precisa dun triunfo en Abegondo ante o SCD Milagrosa para proclamarse campión do subgrupo A norte. Os branquiazuis están a dous puntos do líder, o Viveiro CF, que descansa nesta xornada e por tanto non poderá sumar máis puntos.

Finalmente, o Infantil A conclúe esta fin de semana a súa participación no subgrupo B norte da Liga Galega como campión.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
6ª xornada (última): GIJÓN FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 30 de maio ás 12:00 no campo de La Cruz (Xixón)
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: ... 3. Oviedo Moderno CF B, 41 puntos; 4. Gijón FF, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 35 puntos; 6. CDE Racing Féminas B, 30 puntos

Categoría xuvenil
5ª xornada (última): SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o sábado 29 de maio ás 17:00 en Mareo (campo 1)
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A (xa campión), 53 puntos; 2. RC Celta, 48 puntos; 3. Sporting de Gijón, 47 puntos...

Clasificación da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso: 1. Xuvenil B (dous partidos menos) e RC Celta B (un partido menos), 58 puntos; 3. SD Compostela, 49 puntos...

Categoría cadete
10ª xornada (última): URAL ESPAÑOL CF - CADETE A, o sábado 29 de maio ás 9:30 na Grela 1
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A, 21 puntos; 2. Ural Español CF, 12 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A (un partido máis), 10 puntos...

10ª xornada (última): CADETE B - SCD MILAGROSA, o sábado 29 de maio ás 17:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A norte: 1. Viveiro CF (un partido máis), 18 puntos; 2. Cadete B (un partido menos), 16 puntos; 3. CD Lugo B (un partido menos), 13 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada (última): VICTORIA CF - INFANTIL A, o sábado 29 de maio ás 12:30 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A (un partido menos), 19 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 14 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 10 puntos...

9ª xornada (disputado o pasado mércores): INFANTIL B 1 (Rodrigo) - OZA JUVENIL SD A 1
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A: 1. Infantil B, 22 puntos; 2. Oza Juvenil SD A (tres partidos menos), 10 puntos...

Categoría alevín
9ª xornada: CD CALASANZ A - ALEVÍN, o sábado 29 de maio ás 19:30 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A: 1. Alevín, 18 puntos; 2. CD Calasanz A (un partido menos), 12 puntos...

6ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF A, o xoves 3 de xuño ás 18:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo A: 1. Alevín A e Ural Español CF A, 13 puntos; 3. CF Deportivo Orzán A, 3 puntos...

5ª xornada: ORILLAMAR SD A - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 29 de maio ás 17:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B: 1. Fabril FC (un partido menos), 12 puntos; 2.Orillamar SD A, 9 puntos; 3. Imperátor OAR A (un partido menos), 6 puntos...

Categoría benxamín
9ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CASTROS B, o sábado 29 de maio ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. Ural Español CF A, 15 puntos; 3. Victoria CF C (un partido máis), 10 puntos...

9ª xornada: CD CALASANZ A 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Martín, Álvaro, Iván e Javi)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C: 1. Fabril FC Benxamín, 21 puntos; 2. CD Calasanz A, 15 puntos; 3. Orillamar SD A, 12 puntos...