RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín non falla ante o Imperátor OAR e sitúase segundo na clasificación

O Fabril FC Benxamín impúxose hoxe martes 8 de febreiro na Torre (1-4) ao Imperátor OAR en partido correspondente á 5ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña que foi aprazado no seu día por COVID no vestiario rojillo.

Álvaro Rodríguez -2-, Hugo Quintela e Hugo Bujía foron os goleadores fabrilistas.

Con este resultado, o Fabril FC Benxamín escala provisionalmente á segunda posición da táboa con 13 puntos; só superado polo Benxamín A deportivista, líder con 21 puntos de 21 posibles.

Fabril FC Benxamín: Brais Araújo, Bruno Abelenda, Mateo Carballeira, Carlos Dans, Thiago López, Miguel Candal, Hugo Bujía e Álvaro Rodríguez. Tamén xogaron: Hugo Quintela, Javi Meiriño, Alejandro Astray e Pablo Sánchez.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín ten xornada de descanso.

Os resultados do equipo fabrilista até a data son os seguintes:

Orillamar SD 0 - Fabril FC Benxamín 4 (Miguel Candal -2- e Hugo Quintela -2-)
Fabril FC Benxamín 1 (Álvaro Rodríguez) - Atlético Coruña Montañeros CF 4
Ural Español CF 2- Fabril FC Benxamín 6 (Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Álvaro Rodríguez e Mateo Carballeira)
Fabril FC Benxamín 1 (Miguel Candal) - Benxamín A 13
Fabril FC Benxamín 2 (Miguel Candal e Hugo Bujía) - CD Calasanz 2
CF Deportivo Orzán 2 - Fabril FC Benxamín 5 (Álvaro Rodríguez -2-, Miguel Candal, Thiago López e Alejandro Astray)
Imperátor OAR 1 - Fabril FC Benxamín 4 (Álvaro Rodríguez -2-, Hugo Quintela e Hugo Bujía)