RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín supera, á conta do Relámpago SD, a eliminatoria previa do Mini Teresa Herrera

O Fabril FC Benxamín, que esta fin de semana se adxudicou a Barcelos Cup en Barcelos (Portugal), iniciou onte luns 19 de xuño a súa participación no Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxa final se xoga en ABANCA-RIAZOR antes do Trofeo Teresa Herrera.

O rival fabrilista na eliminatoria previa, a partido único, foi o Relámpago SD, ao que derrotou (12-0), con goles de Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo -2-, Yago Prieto -2-, Breogán Díaz, Mateo Songo'o e Diego Castelo. 

Fabril FC Benxamín: Antar Teijeiro, Diego Castelo, Yago Prieto, Álex Casado, Alberto Novo, Mateo Cardelle, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o. Tamén xogaron: Samuel Rodríguez, Andrés Valencia e Breogán Díaz.

Este mércores 21, o conxunto de Alberto Bonigno medirase ao Silva SD en oitavos de final, tamén a partido único.