O Fabril impúxose (1-0) ao Pontevedra en Abegondo grazas a un gol de Romay, suma por conseguinte 56 puntos e, coa derrota do Fuenlabrada co CD Toledo, déitase como líder do grupo 1º de Segunda División B, á espera do que faga mañá o Rayo Majadahonda, que ten 55 puntos, no seu partido fronte ao Atlético de Madrid B.
O equipo que prepara Gustavo Munúa chega ao tramo final da competición como un equipo sólido que sabe rendibilizar á perfección os seus goles.
Esta tarde na Cidade Deportiva comezou o partido mellor o Pontevedra, moi necesitado dada a súa mala situación clasificatoria. Aos poucos espertou o Fabril, que se empezou a achegar con perigo á meta pontevedresa grazas sobre todo ao talento de Edu Expósito.
Sen goles chegouse ao descanso. A segunda metade foi para os fabrilistas. Romay, de cabeza desde o corazón da área granate, adiantou ao seu equipo no minuto 56. A partir de aí chegaron máis ocasións, como un disparo de Borja Galán ao pau.
O Pontevedra tentou, sen éxito, un último arreón final en busca da igualada que non tivo consecuencias para o marcador.
Fabril: Álex Cobo, Blas, Gaizka, Raúl González, Lucas, Edu Expósito, Diego Caballo, Carlos López, Jardel, Romay e Borja Galán. Tamén xogaron: Uxío, Óscar e Queijeiro.
O vindeiro domingo 1 de abril, a Fabril visita á Gimnástica Segoviana.
Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:
Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0
Pontevedra 2 - Fabril 2 (Jardel e Óscar)
Fabril 0 - Gimnástica Segoviana 0
Unión Adarve 3 - Fabril 0
Fabril 3 (Uxío e Ismael -2-) - Atlético de Madrid B 0
Celta B 0 - Fabril 0
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Cerceda 2 - Fabril 3 (Ismael Díaz -2- e Óscar)
Fabril 2 (Ismael Díaz e Óscar) - Toledo 0
Fabril 1 (Uxío) - Fuenlabrada 2
San Sebastián de los Reyes 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Romay) - Racing de Ferrol 1
Real Madrid Castilla 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Edu Expósito) - Rayo Majadahonda 0
Coruxo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Diego Caballo e Luis Fernández) - Ponferradina 0
Valladolid B 2 - Fabril 1 (Luis Fernández)
Talavera 2 - Fabril 0
Fabril 1 (Borja Galán) - Navalcarnero 0
Guijuelo 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Romay) - Pontevedra 0



