RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril imponse ao Pontevedra en Abegondo por 2-0

O Deportivo B recuperó a senda do triunfo en casa a costa uno dos equipos destacados da categoría, o Pontevedra CF, por 2 goles a 0, tantos de Remeseiro de penalti e Álvaro Lemos, que se reencontró co gol tras o seu regreso aos

Despois de dúas derrotas consecutivas e sen opcións xa de alcanzar as posicións de cabeza do Grupo I de Terceira División, o Fabril afrontaba esta tarde en Abegondo uno dos partidos máis interesantes da tempada ante un rival que ocupa postos de ascenso e todo un histórico do fútbol galego.

Os deportivistas estiveron á altura do partido e xogaron un bo encontro que se traduciu finalmente nunha vitoria. Tras un arranque con ocasións en ambas as áreas, a máis clara para o Fabril por mediación de Romay, unha discutida man dentro da zona de castigo do equipo granate foi sinalada polo colexiado Pérez Cabaleiro como penalti. Remeseiro non desaproveitou a ocasión desde os 11 metros e adiantou ao cadro local no minuto 32, sumando o seu oitavo gol da tempada. Con esta  vantaxe pola mínima o Fabril foise ao descanso.

Na segunda metade os visitantes buscaron con máis intensidade a portaría de Marc Martínez pero de novo foi o Dépor B o que  tivo o acerto de face a gol cun remate a pracer de Lemos tras asistencia de Remeseiro, que encarrilou definitivamente o encontro. Tras o segundo gol chegaron os movementos de banco do técnico local e a expulsión do pontevedrés Pablo Lede no 72 por unha dura entrada a Cañi. Unha vez acougados os ánimos entre os xogadores de ambos os equipos, o partido continuou ata o último minuto coa intensidade e calidade que se lle presupuña, e certificouse, a un partido entre o Deportivo B e o Pontevedra.

Con este triunfo os de Devesa mantéñense na décima posición con 43 puntos, a dous do Barbadás e tres do Arousa. O próximo fin de semana visitan o campo do Negreira que ocupa postos de descenso.

Deportivo B: Marc Martínez; Cañi, Sidibe, Stefan, Aarón; Queijeiro, Lemos, Adrián, Cardoso, Romay e Remeseiro. Tamén xogaron: Callón, Dani Igrexas e Anxo.

Goles: 1-0 Remeseiro (min. 31 de penalti); 2-0 (min. 69 Lemos)


A liga marcha así para o Fabril de José Luís Devesa:

Grixoa 1 - Fabril 2 (Cañi e Alex Pérez)

Fabril 2 (Sidibe e Dani Igrexas) - Cultural Areas 1

Arousa 2 - Fabril 0

Fabril 2 (Iago Beceiro e Cañi) - Bertamiráns 1

Laracha 1 - Fabril 1 (Anxo)

Fabril 1 (Sidibe) - As Pontes 1

Betanzos 1 - Fabril 1 (Bicho)

Fabril 2 (Adrián e Romay) - Alondras 0

Rápido Bouzas 3 - Fabril 1 (Óscar)

Fabril 2 (Dani Igrexas e Iago Beceiro) - Cerceda 2

Fabril 1 (Cañi) - Barbadás 1

Pontevedra 1 - Fabril 2 (Cañi e Romay)

Fabril 0 - Negreira 2

Ordes 2 - Fabril 0

Fabril 2 (Iago Beceiro e Remeseiro) - Boiro 2

Somozas 3 - Fabril 1 (Teles)

Fabril 0 - Dorneda 0

Choco 4 - Fabril 1 (Iago Beceiro)

Fabril 1 (Iago Beceiro) - Racing Vilalbés 1

Fabril 3 (Cañi,  Dani Igrexas e Chiño) - Grixoa 0

Cultural Areas 5 - Fabril 1 (Chiño)

Fabril 2 (Dani Igrexas e Remeseiro) - Arousa 2

Fabril 1 (Dani Igrexas) - Laracha 0

As Pontes 1 - Fabril 0

Fabril 1 (Remeseiro) - Betanzos 0

Fabril 6 (Sidibe, Tonci Mujan (2), Remeseiro (2) e Miguel) - Rápido de Bouzas 1

Cerceda 2 - Fabril 1 (Tonci Mujan)

Barbadás 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Remeseiro e Lemos) - Pontevedra 0