RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Fabril-Polvorín FC, único partido de #ANOSACANTEIRA mañá sábado en Abegondo

O encontro do Fabril ante o Polvorín FC (16:30) será o único en #ANOSACANTEIRA previsto para mañá sábado 5 de decembro en Abegondo. Será a porta pechada debido á pandemia de COVID-19.

Juan Carlos Valerón citou a todo o seu cadro, ademais dos xuvenís Juan Rodríguez e Guille Bueno. Son baixa por lesión Pescador, Iñigo Reinoso e Boedo; e Adri Castro, citado polo primeiro equipo para o partido de Pasarón ante o Pontevedra CF.

Tamén xogan mañá, pero fóra da Cidade Deportiva, o Xuvenil B (16:00 h en Lugo) e o Deportivo ABANCA B, que volve á competición en Vilagarcía fronte ao Atlético Arousana (17:00 horas) tralo parón ligueiro da semana pasada no subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional.

Para o domingo 6, tamén a porta pechada, queda o partido do Xuvenil A (12:00 horas ante o CD Choco). O conxunto de Óscar Gilsanz regresa a Abegondo como líder da División de Honra tralo brillante triunfo do pasado sábado na Cidade Deportiva Afouteza de Mos con motivo de #ONOSODERBI da categoría.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
8ª xornada: FABRIL - POLVORÍN FC, o sábado 5 de decembro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación do subgrupo A: ... 2. Bergantiños CF (un partido menos), 14 puntos; 3. Racing Villalbés (un partido menos), 11 puntos; 4. Fabril e CSD Arzúa (un partido menos), 9 puntos; 6. CD As Pontes, 8 puntos; 7. Viveiro CF (un partido menos), 7 puntos; 8. Polvorín FC (tres partidos menos), 6 puntos...

Categoría feminina
6ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 5 de decembro ás 17:00 no campo da Lomba (Vilagarcía)
Clasificación da Primeira Nacional, subgrupo A: ... 2. Victoria FC, 10 puntos; 3. Victoria CF (un partido menos), 9 puntos; 4. Deportivo ABANCA B (un partido menos), 7 puntos; 5. UD Mos (un partido menos), 6 puntos; 6. Sárdoma CF, 5 puntos...

Categoría xuvenil
6ª xornada: XUVENIL A - CD CHOCO, o domingo 7 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación do grupo 1º da División de Honra, subgrupo A: 1. Xuvenil A, 10 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), CD Conxo Santiago, CD Lugo (un partido menos) e CD Choco, 7 puntos...

5ª xornada: CD LUGO B - XUVENIL B, o sábado 5 de decembro ás 16:00 no campo da Cheda (Lugo)
Clasificación da Liga Nacional, subgrupo A: 1. SD Compostela e CD Lugo B (un partido menos), 9 puntos; 3. Victoria CF, 7 puntos; 4. Xuvenil B (dous partidos menos) e Pontevedra CF (un partido menos), 6 puntos; 6. Racing Villalbés e Arosa SC, 4 puntos...