RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril rasca un punto no Morrazo e aumenta a súa vantaxe á fronte da táboa

O Fabril, coas sensibles baixas de homes habituais como Edu (citado co primeiro equipo) ou Nacho Monsalve e Manu Molina (sancionados), empatou no Morrazo ante o Alondras (0-0), un 'clasico' da categoría que pelexa esta temporada por evitar o descenso.

O partido tivo unha parte para cada equipo. A primeira foi para o Fabril, que puido adiantarse no marcador grazas a un remate ao pau de Jardel. Pero tras o descanso apertou ao Alondras, que fixo sufrir ao filial deportivista, sobre todo no primeiro tramo da segunda metade.

A pesar do empate, o Fabril aumenta a súa vantaxe (de 4 puntos pasa a 5 puntos) respecto ao Rápido de Bouzas, que caeu en Carballo (1-0) ante o Bergantiños. Así, 72 puntos suma o conxunto deportivista por 67 dos vigueses, agora igualados co Cerceda, co que o Fabril asegura matematicamente a súa presenza en fase de ascenso.

Fabril: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Arnau, Lucas, Carlos López, Óscar, Queijeiro, Borja Domingo, Álex Corredera e Jardel. Tamén xogaron: Anxo, Jorge Carreón e Borja Galán.

O vindeiro domingo 30 de abril, o Fabril recibe en Abegondo ao CD Castro.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arosa 2
Órdenes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arosa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 2 (Óscar -2-) - Órdenes 0
Villalonga 0 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 3 (Borja Galán, Borja Domingo e Queijeiro) - Rápido de Bouzas 0
Choco 0 - Fabril 1 (Óscar)
Fabril 2 (Queijeiro e Borja Domingo) - Cerceda 0
Negreira 0 - Fabril 2 (Óscar e Álex Corredera)
Fabril 1 (Edu) - Barbadás 0
Fabril 2 (Borja Domingo e Óscar) - Racing Villalbés 2
Ribadumia 1 - Fabril 1 (Manu Molina)
Fabril 1 (Jardel) - Céltiga 0
Alondras 0 - Fabril 0