RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril recibe ao Bergantiños mañá domingo en Abegondo

O Fabril recibe ao Bergantiñvos mañana domingo 21 de setembro ás 16.30 en Abegondo, en partido pertencente á quinta xornada de Liga en Terceira División. Os socios do Club teñen acceso gratuíto á cidade deportiva branquiazul. Para o p

Manuel Mosquera, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Veloso, Héctor, Toni, Róber, Quique Fornos, Adrián, Jorge, Santi Taboada, Iago, Kim, Anxo, Juan, Remeseiro, Cañi, Dani Igrexas e Cardoso.
O partido destacado da xornada do fin de semana na canteira deportivista é o derbi da División de Honra xuvenil entre o Deportivo e o Celta, que se xogará mañá pola tarde debido á visita do sábado do Real Madrid a Riazor. Os socios do Club teñen acceso gratuíto á cidade deportiva branquiazul. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Hoxe sábado xogaron tamén o Infantil A, Xuvenil B e Cadete A; e mañá domingo farao o Cadete B en Elviña.

O Infantil B pelexará polo quinto posto na décimo quinta edición do Torneo Cidade de Miranda, en Miranda de Ebro. Será mañá domingo ás 11.30 ante a Real Sociedade.

O calendario do fin de semana, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División

FABRIL - BERGANTIÑOS, o domingo 21 de setembro ás 16.30 en Abegondo (campo principal)

Categoría xuvenil

XUVENIL A - CELTA, o domingo 21 de setembro ás 18.30 horas en Abegondo (campo principal)

Liga Nacional (2ª xornada): XUVENIL B 2 (Sanda e Aarón) - CHOCO 2

Categoría cadete

División de Honra (2ª xornada): CADETE A 6 (Víctor (3), Manu Mosquera, Diego e Boedo) - PORRIÑO 0
Liga Galega, grupo 1º (2ª xornada): IMPERÁTOR - CADETE B, o domingo 21 de setembro ás 12.00 en Elviña

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º (2ª xornada): BOIRO 0 - INFANTIL A 14 (Manu, Jacobo (2), Litos (4), Ernesto (2), Mosquera (3), Pedro e Iván)

Infantil B
Torneo Cidade de Miranda
Primeira Fase
Venres 19 de setembro
INFANTIL B 0 - BARCELONA 1

Sábado 20 de setembro
ATHLETIC CLUB 0 - INFANTIL B 0
INFANTIL B 0 - ATLÉTICO OSASUNA 1

Partido polo quinto e sexto posto
11.30: INFANTIL B - REAL SOCIEDADE

Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A 14 (Dani Barcia, Padín (2), Antón, Noel (3), Jairo, Chucas, Buján (3), Novoa e Nils (2))  - MONTAÑEIROS A 2

Amigable: ALEVÍN B 3 (Quique, Javi e Iván) - LUÍS CALVO 1

Categoría benjamín
Amigable: BENJAMÍN A 7 (Joan (2), Noah (2), Eiroa, Dani Sierra e Manu Berrocal) - MONTAÑEIROS 0

Amigable: BENJAMÍN B 8 (Óscar (2), Lucas, David (2), Pablo, Jorge e Zoe) - LUÍS CALVO 2