RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Fabril recibe mañá sábado ao Barco en Abegondo

  Fabril, Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Cadete B (Liga Galega, grupo 1º) xogan mañana sábado en Abegondo.

O filial deportivista recibe ao Barco ás 18.00 horas. Manu Mosquera citou a estes 17 futbolistas: Anxo, David, Sam Piette, Santi Taboada, Lucas, Jorge, Ben Fisk, Edu, Anxo, Manú, Pol Calvet, Hugo Rama, Otero, Óscar, Borja, Juan e Àlex Corredera.
 
Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros.
 
Para o resto de partidos da canteira, os socios tamén teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.
 
Por outra banda, o Infantil B está a un só paso de proclamarse campión de liga da Primeira Autonómica (grupo 1º), se gaña mañá sábado no campo das Mariñas de Sada ao Raio Sadense. Sería o cuarto título da canteira esta tempada tras os conseguidos anteriormente polo Alevín A (campión da Primeira Comarcal, grupo A Coruña) e Alevín B (campión da Primeira Comarcal, grupo As Mariñas e campión de Copa).
 
A xornada arrincou hoxe venres coas vitorias dos dous equipos de benjamines no campo de herba sintética de Abegondo.
 
O Alevín A non competirá en liga este fin de semana e participará o domingo na Danone Nations Cup na Madroa (Vigo).
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe venres, é o seguinte:
 
Terceira División
 
FABRIL - BARCO, o sábado 12 de marzo ás 18.00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. Choco, 50 puntos; 4. Fabril, 45 puntos; 5. Racing Vilalbés, 42 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
ATLÉTICO PERINES - XUVENIL A, o domingo 13 de marzo ás 12.00 no campo Vicente Miera de Santander
Clasificación da División de Honra: 1. Oviedo, 54 puntos; 2. Racing de Santander, 52 puntos; 3. Sporting de Xixón, 50 puntos; 4. Xuvenil A, 49 puntos; 5. Lugo e Celta, 45 puntos...
 
Xogado hoxe mércores: RACING DE FERROL 0 - XUVENIL B 1 (Mosquera)
XUVENIL B - CALASANCIO, o sábado 12 de marzo ás 12.30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 54 puntos; 2. Areosa (un partido menos), 47 puntos...
 
Categoría Cadete
 
Xogado hoxe mércores: RACING DE FERROL 0 - CADETE A 0
CADETE A - AREOSA, o domingo 13 de marzo ás 11.15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 75 puntos; 2. Cadete A, 59 puntos; 3. Bertamiráns (un partido menos), 46 puntos...
 
Amigable, xogado hoxe mércores: CADETE B - VITORIA A
CADETE B - RACING DE FERROL B, o sábado 12 de marzo ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
 
Categoría Infantil
 
BERTAMIRÁNS - INFANTIL A, o domingo 13 de marzo ás 12.30 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 54 puntos; 2. Xuventude de Oroso (un partido menos) e Infantil A, 51 puntos; 4. Racing de Ferrol, 46 puntos...
 
RAIO SADENSE - INFANTIL B, o sábado 12 de marzo ás 10.00 no campo das Mariñas de Sada
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 67 puntos; 2. San Tirso, 49 puntos...
 
Categoría Alevín
 
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo 1º: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Vitoria A, 19 puntos; 3. Ural A, 16 puntos...
 
Danone Nations Cup
Domingo 13 de marzo na Madroa (Vigo)
Primeira Fase
10.00: ALEVÍN A - LOURO TAMEIGA
11.00: ALEVÍN A - ALERTA NAVIA
12.00: ALEVÍN A - ATLÉTICO MARCÓN
13.00: ALEVÍN A - ERIZANA
 
Os dous primeiros accederán a cuartos de final, que xa se disputarán a continuación e o campión desta Fase Norte participará na Fase Nacional.
 
SALESIANOS - ALEVÍN B, o domingo 13 de marzo ás 13.00 en La Torre 2
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Obradoiro, 16 puntos...
 
Categoría Benjamín
 
BENJAMÍN A 5 (Lucas (3), Luís e Hugo) - IMPERÁTOR 1
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benjamín A (un partido máis), 55 puntos; 2. Ural A, 46 puntos...
 
BENJAMÍN B 4 (Eli (2), Jairo e David) - URAL C 2
Clasificación da Segunda Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): 1. Benjamín B (un partido máis), 57 puntos; 2. Imperátor C, 44 puntos...