RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Fabril recupera a Jorge Cano, un centrocampista que procede dos Montañeiros formado no Dépor

Jorge Cano Bermúdez de Castro, un centrocampista coruñés de 22 añvos e formado nas categorías inferiores do Deportivo, regresa ao Club para formar parte do Fabril durante a próxima tempada. Procede da Equitación&n

Únese así a Vela, Manuel Romay, Marcos Caridade (agora facendo a pretemporada co primeiro equipo), e Oumar Sidibé, un mediocentro de 22 anos natural de Burkina Faso, que vén do Pontevedra.

Causaron baixa estes futbolistas: David García, Vieites, Edu, Oriol, Crespo, Cubillas e Raúl.

O Fabril que dirixe José Luís Devesa iniciará a pretemporada no Mundo do Fútbol o luns 16 de xullo.

Comezará a súa participación en Cópaa Deputación este verán en oitavos de final, o domingo 5 de agosto. O seu primeiro rival será o vencedor da eliminatoria que disputarán o Ordes contra o Boiro ou o Vizoño. Será a partido único e en calquera caso sempre lonxe do Mundo do Fútbol.

Anteriormente, o sábado 28 de xullo ás 19.00 horas, o Fabril disputará o primeiro amigable da pretemporada. Será no campo das Mariñas de Sada e o seu rival será unha selección de xogadores saídos da Escola de fútbol do Raio Sadense e que agora mesmo militan en clubs de Terceira División e Preferente. Antes de que empezo o encontro, procederase ao acto polo que o campo das Mariñas pasará a chamarse oficialmente As Mariñas Andrés Pena, en honra do fundador da Escola do Raio Sadense (irmán de José Ramón Pena, ex presidente da Federación de Penas do Deportivo) falecido hai uns meses.