RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Fabril sae derrotado de Navalcarnero e acaba 2018 na zona baixa da táboa

O Fabril despediuse de 2018 cunha derrota (2-0) en Navalcarnero ante o conxunto local, ademais un rival directo na loita por evitar o descenso.

Adiantouse o CDA Navalcarnero no minuto 17 grazas a un penalti moi rigoroso. Pero o filial deportivista non tivo esta vez capacidade de reacción e si o rival, moi efectivo de cara á meta defendida por Pedro López.

Con este marcador, o Fabril é 19º na táboa con 13 puntos.

Fabril: Pedro López, Blas, Valín, Quique Fornos, One, Gaizka, Víctor, Carlos López, Uxío, Montiel e May. Tamén xogaron: Gandoy, Pedro e Juanje.

O equipo fabrilista márchase agora de vacacións de Nadal até o sábado 29 de decembro. O próximo partido de liga será o domingo 6 de xaneiro en Abegondo (12:00 horas) ante o Real Valladolid B.

Así marcha a temporada do Fabril:

Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-)
Fabril 0 - Celta B 1
Fuenlabrada 1 - Fabril 0
Fabril 1 (May) - Ponferradina 2
Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González)
Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0
Guijuelo 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3
Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1
Coruxo FC 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1
Pontevedra CF 2 - Fabril 2 (Montiel e Villares)
Fabril 1 (Quique Fornos) - Las Palmas Atlético 1
Atlético de Madrid B 3 - Fabril 0
Fabril 4 (Víctor -2-, May e Uxío) - Real Madrid Castilla 3
Unionistas de Salamanca CF 0 - Fabril 0
Fabril 1 (Uxío) - CyD Leonesa 2
CDA Navalcarnero 2 - Fabril 0