O Fabril volve á liga despois de case un mes sen competir cun empate sen goles ante o CF Noia
O Fabril regresou hoxe sábado 15 de xaneiro en Abegondo ante o CF Noia á competición (0-0) após un accidentado arranque de ano, posto que o primeiro partido oficial para #ANOSACANTEIRA este 2022, o do filial do pasado xoves 6 de xaneiro na Cidade Deportiva ante o Atlético Arnoia, foi aprazado polo Xuíz Único de Competición da Federación Galega de Fútbol debido a COVID-19 no vestiario do Fabril. O encontro, correspondente á 14ª xornada, xa foi aprazado o pasado 5 de decembro por un caso de COVID-19 aquela vez no equipo ourensán. Así mesmo, e por esta mesma circunstancia, tamén foi aprazado o choque correspondente á 18ª xornada do Fabril na Magdalena ante o Racing Villalbés, que se ía a disputar o pasado domingo 9 de xaneiro. A Federación confirmou tamén a suspensión de toda a xornada.
Así pois, o conxunto de Óscar Gilsanz non competía desde o pasado 22 de decembro no seu partido ante o Silva SD e hoxe non pasou do empate sen goles ante o CF Noia.
O Fabril saíu ao campo disposto a apropiarse da pelota; e conseguiuno boa parte do tempo, aínda que sen crear excesivo perigo á meta rival. De feito, Javi Sanmartín, no minuto 65, gozou da mellor oportunidade para que o tres puntos quedasen na Cidade Deportiva.
Con este resultado, o Fabril suma 25 puntos na sexta posición da táboa.
Fabril: Brais Suárez, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Juan Rodríguez, Mario, Brais Val, Mella, Javi Sanmartín, Yeremay e Juan Cambón. Tamén xogaron: Mella, Brais Val, Víctor, Nájera e Diego Gómez.
A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Viveiro CF.
Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:
Fabril 0 - Racing Villalbés 0 Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay) Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0 Polvorín FC 1 - Fabril 0 Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0 Ourense CF 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0 SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1 Alondras CF 1 - Fabril 0 Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0 CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy) Fabril - Atlético Arnoia, aprazado Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia) Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2 Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo) Racing Villalbés - Fabril, aprazado Fabril 0 - CF Noia 0