Sesenta e catro nenos e unha nena participan desde o luns na segunda quenda do Campus do Fútbol de Real Club Deportivo. Pomba González é a primeira moza que participa no Campus, pero non será a única. A próxima semana xa serán varias as mozas participante
A Pomba gústalle o deporte en xeral, o fútbol e, sobre todo, o Deportivo. E está a gozar destes días en Acea de Ama cos seus compañeiros. Táctica, técnica, partidillos e natación en Acea de Ama... como unha máis. E ao seu trece anos anima ás nenas a participar no Campus.
Esta mañá visitou co grupo o Estadio de Riazor e a Deportienda e fotografouse coa Copa do Rei. Estampas que quedarán na súa memoria ao longo dos anos.