O gol converteuse no máis fiel aliado do Benxamín A no seu transitar pola liga no subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8.
Despois da súa vitoria (14-0) ante o Compañía de María, os branquiazuis suman 37 goles a favor en 3 partidos e tan só 1 en contra.
Mateo Songo'o -4-, Diego Castelo -3-, Alberto Novo -3-, Álex Casado -2-, Adrián Liñares e Leo Lorenzo foron os autores dos goles branquiazuis nesta última cita ligueira.
Con este resultado, unido á retirada do FC Grande Obra da competición que levou a anular o primeiro partido de liga do Benxamín A ante este equipo, o conxunto de Jacobo Saco suma 9 puntos de 9 posibles, a 3 puntos do líder, un Ural Español CF con 12 puntos e un partido máis.
Benjamín A: Samuel Rodríguez, Breogán Díaz, Diego Castelo, Yago Prieto, Antón Fernández, Álex Casado, Alberto Novo e Adrián Liñares. Tamén xogaron: Antar Teijeiro, Leo Lorenzo, Mateo Songo'o e Andrés Valencia.
A próxima semana, o Benxamín A enfróntase ao Orillamar SD.
Os resultados do Benxamín A ata a data son os seguintes:
Oza Xuvenil SD 0 - Benxamín A 12 (Alberto Novo -4-, Álex Casado -2-, Mateo Cardelle -2-, Antón Fernández -2-, Leo Lorenzo e Diego Castelo) Benxamín A - Ural Español CF, suspendido CD Calasanz 1 - Benxamín A 12 (Leo Lorenzo -3-, Adrián Liñares -3-, Alberto Novo -2-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Novo) Benxamín A 14 (Mateo Songo'o -4-, Diego Castelo -3-, Alberto Novo -3-, Álex Casado -2-, Adrián Liñares e Leo Lorenzo) - Compañía de María 0