RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Guijuelo resiste en Abegondo o asedio do líder Fabril

A falta de acerto nos metros finais do Fabril foi a explicación do empate sen goles (0-0) ante o Guijuelo en Abegondo, en partido da 11ª xornada do grupo 1º de Segunda División B.

O dominio do xogo foi deportivista e as ocasións de gol tamén. Unha das máis claras chegou no minuto 85, e tívoa Óscar, que non foi capaz de perforar a meta do porteiro visitante Kike. O Guijuelo só creou perigo á meta de Francis nalgún contragolpe illado.

O Fabril, dirixido esta tarde por Rubén Coméndez, mantense como líder do grupo con 26 puntos.

Fabril: Francis, Blas, Raul González, Gaizka, Lucas, Martín Bengoa, Óscar, Queijeiro, Uxío, Romay e Ismael Díaz. Tamén xogaron: Carlos López, Borja Galán e Jardel.

Este mércores 1 de novembro, día festivo, a Fabril visita ao Pontevedra en Pasarón, a partir das 17:00 horas, en partido da 12ª xornada.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

Fuenlabrada 1 - Fabril 2 (Uxío e Óscar)
Fabril 0 - San Sebastián de los Reyes 1
Racing de Ferrol 1 - Fabril 1 (Romay)
Fabril 3 (Borja Galán, Uxío e Óscar) - Real Madrid Castilla 0
Rayo Majadahonda 0 - Fabril 1 (Andújar en propia meta)
Fabril 3 (Diego Caballo, Uxío e Romay) - Coruxo 1
Ponferradina 0 - Fabril 1 (Edu Expósito)
Fabril 1 (Borja Galán) - Valladolid B 0
Fabril 3 (Lucas, Óscar e Queijeiro) - Talavera 0
Navalcarnero 1 - Fabril 2 (Ismael e Jardel)
Fabril 0 - Guijuelo 0