RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Imperátor OAR, incapaz de frear ao Infantil A

O Imperátor OAR non foi capaz de frear ao Infantil A (1-12), en partido correspondente á 12ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

Álvaro, Domínguez -5-, Marcote, Mella -3-, Marco Baña e Gabriel foron os autores dos goles nun partido cuxo marcador xa o di todo.

Con este resultado, o Infantil A suma 36 puntos á fronte da categoría, con 3 puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor, o Bertamiráns FC, que ten 33 puntos.

Infantil A: Jorge, Diego, Rubén, Miguel, Dani, Sierra, Monteagudo, Baña, Marcote, Álvaro e Domínguez. Tamén xogaron: Mella, Carreira, Noah e Gabriel.

A próxima fin de semana, o Infantil A recibe en Abegondo ao SCD Milagrosa.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Juan Villamisar:

Calasanz 0 - Infantil A 9 (Mella -4-, Domínguez -3- e Carlos -2-)
Infantil A 7 (Martín -2-, Marco Baña -2-, Mella, Marcote e Rubén) - Atlético Ribeira 0
Lugo 1 - Infantil A 2 (Martín e Martiño)
Infantil A 6 (Domínguez -3-, Mella, Marco Baña e Sierra) - Galicia Caranza 1
Bergantiños 1 - Infantil A 7 (Mella, Manu, Gabri -2-, Domínguez -2- e Martiño)
Infantil A 4 (Carreira -2-, Sierra e Gabri) - Xuventude de Oroso 1
Victoria CF 0 - Infantil A 12 (Mella -3-, Martiño -5-, Marco Baña -2- e Martín -2- )
Infantil A 7 (Martín -2-, Yago, Marcote, Mella -2- e Martiño) - San Tirso SD 1
Infantil A 5 (Domínguez, Gabri, Noah, Mella e Martín) - Ural CF 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil A 3 (Noah, Manu e Carlos)
Infantil A 5 (Yago, Martiño, Meki, Martín e Marcote ) - SD Residencia A 0
Imperátor OAR 1 - Infantil A 12 (Álvaro, Domínguez -5-, Marcote, Mella -3-, Marco Baña e Gabriel)