RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A cae co Celta e di adeus ao título galego

O Infantil A perdeu en Abegondo contra o Celta (0-1), que desta forma, a falta dunha xornada, proclamouse campión da Liga Galega en detrimento dos deportivistas, subcampións. Un total de 39 puntos suman os vigueses por 30 puntos os coruñeses.

O partido da 13ª xornada decidiuse desde o punto de penalti. O gol céltico chegou na segunda parte xusto cando dominaba o Dépor. A primeira metade foi para os celestes, que gozaron das mellores ocasións de gol.

Infantil A: Lemos, Matías, Rubén, Álvaro, Xosé, Hugo García, Sergio, Iván Vázquez, Quique, Hugo Baldomar e Álex González. Tamén xogaron: Adrián Lombao, Trigo, Alex López e Roque.

A vindeira fin de semana, o Infantil A conclúe esta Fase en Nigrán ante o Val Miñor.

Os resultados do Infantil A en esta Fase polo Título son os seguintes:

San Tirso 0 - Infantil A 4 (Sergio -2- e Hugo Baldomar -2-)
Infantil A 3 (Sergio, Hugo García e Hugo Baldomar) - Areosa 1
Infantil A 4 (Roque -3- e Hugo Baldomar) - Xuventude de Oroso 1
Ourense 0 - Infantil A 4 (Iván, Roque, Sergio e Quique)
Infantil A 3 (Álex González -2- e Álvaro) - Calasanz 1
Celta 4 - Infantil A 1 (Álex González)
Infantil A 3 (Hugo Baldomar -2- e Sergio) - Val Miñor Nigrán 0
Infantil A 5 (Álex González -2-, Hugo Baldomar, Roque e Dani) - San Tirso 0
Areosa 3 - Infantil A 2 (Hugo Baldomar e Quique)
Xuventude de Oroso 3 - Infantil A 5 (Hugo Baldomar, Rubén, Adrián Lombao, Roque e Trigo)
Infantil A 4 (Hugo Baldomar -2-, Álex González e Iván) - Ourense 1
Calasanz 0 - Infantil A 4 (Iván Vázquez, Hugo Baldomar -2- e Álex González)
Infantil A 0 - Celta 1