RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A derrota de novo ao Coruxo e xa está na Fase Final da Copa Galicia

O Infantil A volveu derrotar esta tarde en Abegondo (3-2) ao Coruxo no partido de volta dos cuartos de final da Copa Galicia. Padín e Jorge -2- foron os autores dos goles branquiazuis nun choque marcado polo resultado do partido de ida.

Infantil A: Ríos, Trilli, Fika, Mauro, Álvaro, Chucas, Nils, Lombao, Padín, Novoa e Noel. Tamén xogaron: Jairo, Jorge, Matías e Roque.

En Vigo o pasado sábado, o campión do grupo norte (Infantil A), superou con claridade ao cuarto clasificado do grupo sur (Coruxo) por 0-7, con goles de Dani -2-, Jorge, Axel, Padín, Noel e un futbolista rival en propia meta. Un choque que sentenciou a eliminatoria.

Desta forma, o cadro deportivista clasifícase á Fase Final da Copa Galicia, que terá como escenario A Estrada o próximo 24 de xuño, xa baixo o formato de semifinais e final nesa sede.

Mañá venres, o Infantil A viaxa a Barcelona para disputar este fin de semana a Cerdanyola Cup.