RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A mídese ao Pabellón este sábado 24 na semifinal da Copa Galicia

O Infantil A é o único equipo de #ANOSACANTEIRA en competición oficial.

O conxunto deportivista enfróntase este sábado 24 de xuño ao Pabellón de Ourense na semifinal da Copa Galicia. O encontro xogarase no Novo Municipal da Estrada ás 12:30 horas.

En caso de gañar, o Infantil A xogará pola tarde, ás 17:30, no mesmo escenario, a gran final ante o vencedor da outra semifinal, que protagonizan Celta e Ural.

En cuartos de final, o Infantil A, como campión do grupo norte, eliminou ao Coruxo, cuarto clasificado do grupo sur. Os deportivistas gañaron na ida en Vigo (0-7), con tantos de Dani -2-, Jorge, Axel, Padín, Noel e un futbolista rival en propia meta. Tamén venceron en Abegondo (3-2) no partido de volta, con goles de Padín e Jorge -2-.