O Infantil A impúxose ao UD Santa Mariña (0-5), en partido correspondente á 14ª xornada, penúltima, na Fase polo Título da liga Galega.
Con este resultado, o Infantil A proclamouse campión e logra o seu segundo título esta temporada, após a medalla de ouro conquistada con anterioridade no grupo norte.
Así pois, a canteira do Dépor suma o seu sexto título esta campaña despois dos cultivados anteriormente tamén polo Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).
En Vigo, Noah, Mella, Carreira, Domínguez e Gabriel foron os goleadores deportivistas nun partido co que o Infantil A alcanza os 42 puntos de 42 posibles.
Infantil A: Jorge, Daniel, Monteagudo, Gabriel, Manu Berrocal, Carlos, Marcote, Carreira, Noah, Mella e Martín. Tamén xogaron: Diego, Rubén e Domínguez.
Este mércores 1 de maio, día festivo, o Infantil A finaliza esta fase en Abegondo ante o CD Choco.
O próximo reto do Infantil A será a Fase Final o vindeiro sábado 4 de maio en Cambados, entre os 4 primeiros clasificados desta Fase polo Título. O formato de competición será de semifinais e final.
Os resultados do equipo que prepara David Lagar nesta Fase polo Título son os seguintes:
Victoria CF 1 - Infantil A 5 (Martín -2-, Rubén, Mella e Marco Baña)
Infantil A 1 (Mella) - Xuventude de Oroso 0
RC Celta 3 - Infantil A 5 (Mella, Noah -2-, Martín e Meki)
Infantil A 9 (Mella, Domínguez -2-, Carlos -2-, Mardones -2-, Marcote e Martín) - Arosa SC 0
Ural CF 2 - Infantil A 4 (Domínguez, Mella, Manu Berrocal e Martín)
Infantil A 13 (Mella -4-, Marco Baña, Martín -3-, Domínguez, Gabriel, Monteagudo e 2 futbolistas rivais en propia meta) - EF Portero 2000 0
Ourense CF 0 - Infantil A 3 (Mardones, Mella e Marco Baña)
Infantil A 4 (Marcote, Marco Baña -2- e Mella) - Bertamiráns FC 1
Racing de Ferrol 2 - Infantil A 7 (Monteagudo, Carlos, Mella -4- e Domínguez)
Infantil A 2 (Marcote e Domínguez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Infantil A 2 (Mella e Marco Baña) - ED Val Miñor Nigrán 1
CD Lugo 0 - Infantil A 8 (Marco Baña -2-, Mella -2-, Martín -2-, Noah e un futbolista rival en propia meta)
Infantil A 7 (Carreira, Sierra, Martín, Gabriel, Noah, Domínguez e Mella) - Pabellón Ourense CF 0
UD Santa Mariña 0 - Infantil A 5 (Noah, Mella, Carreira, Domínguez e Gabriel)
