RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A sela en Coruxo o seu pase á Fase Final da Copa Galicia

O Infantil A goleou a domicilio ao Coruxo (0-7) no partido de ida dos cuartos de final da Copa Galicia. Fronte a fronte están o campión do grupo norte (Infantil A), fronte ao cuarto clasificado do grupo sur (Coruxo).

Con este resultado, e a falta do partido de volta en Abegondo este xoves 15 de xuño, o cadro deportivista selou o seu pase á Fase Final da Copa Galicia.

Infantil A: Brais, Fika, Iago, Dani, Mauro, Chucas, Jairo, Antón, Axel, Noel e Jorge. Tamén xogaron: Nils, Padín, Trilli e Ríos.

Os goles branquiazuis ante o Coruxo foron obra de: Dani -2-, Jorge, Axel, Padín, Noel e un futbolista rival en propia meta.