O Infantil amarrou os tres puntos en xogo no seu partido en Abegondo ante o CD Areosa (3-0), correspondente á 5ª xornada na División de Honra.
Antón, Nico e Mauro foron os goleadores branquiazuis nun partido disputado baixo unha persistente choiva.
Con este marcador, o equipo que prepara Jonathan Martín 'Granada' mantense no grupo de cabeza con 13 puntos.
Infantil: Gabri, Joel, Sergio, Adrián, Samba, Xoel, Borja, Mauro, Íker Rozada, Nico e Antón. Tamén xogaron: Casuso, Gael, Mateo e Trigo.
A próxima fin de semana, o Infantil visita ao CD Lugo.
Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:
Infantil 4 (Mauro, Nico, Antón e Iker) - San Tirso SD 0Pabellón Ourense CF 1 - Infantil 1 (Borja)Infantil 5 (Trigo -2-, Borja, Iker e Antón) - EF Portero '2000' 0Bergantiños CF 0 - Infantil 5 (Borja -2-, Mauro, Nico e Antón)Infantil 3 (Antón, Nico e Mauro) - CD Areosa 0