O choque do Infantil B en Abegondo ante o Oza Juvenil SD, mañá xoves ás 19:00 horas, abre o calendario de partidos de #ANOSACANTEIRA. Os deportivistas son líderes destacados do grupo 1º da Primeira Autonómica e buscan seguir coa súa boa dinámica.
O groso da xornada disputarase o sábado 1 de febreiro, con 2 partidos en Abegondo ás 15:45: Deportivo ABANCA B e Cadete B; e 3 fose: Xuvenil A (17:00 en Lugo), Xuvenil B (18:00 en Ourense) e Cadete A (10:15 en Ferrol).
Para o domingo 2 quedarán unicamente dous encontros. O Infantil A visita ao Bertamiráns (10:30) en choque correspondente á 3ª xornada na Fase polo Título da liga Galega.
E en Terceira División, o Fabril mídese no campo principal da Cidade Deportiva ao CD Arenteiro (17:00 horas). Como é habitual no partidos do filial, os socios teñen libre acceso a Abegondo. O público paga 10 euros; e 3 os menores de 14 anos.
Finalmente, na xornada de alevíns e benxamíns, Alevín A e Victoria CF A xóganse o sábado 1 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 2.1) o liderado da liga Comarcal. Ambos os equipos están empatados a 21 puntos á fronte da clasificación.
O calendario de partidos é o seguinte:
Terceira División
22ª xornada: FABRIL - CD ARENTEIRO, o domingo 2 de febreiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. CD Barco, 37 puntos; 4. Arousa SC, 36 puntos; 5. Fabril (un partido menos), 34 puntos; 6. UD Ourense, 33 puntos; 7. CD Choco, 32 puntos; 8. CSD Arzúa, 31 puntos...
Categoría feminina
17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VIAXES INTERRÍAS FF, o sábado 1 de febreiro ás 15:45 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 38 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 32 puntos; 4. Victoria CF, 30 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 28 puntos...
Categoría xuvenil
20ª xornada: CD LUGO - XUVENIL A, o sábado 1 de febreiro ás 17:00 no campo da Cheda (Lugo)
Clasificación: ... 2. Sporting de Gijón, 49 puntos; 3. Xuvenil A, 35 puntos; 4. Real Racing Club e Bansander, 31 puntos...
20ª xornada: OURENSE CF - XUVENIL B, o sábado 1 de febreiro ás 18:00 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 52 puntos; 2. Xuvenil B, 40 puntos; 3. CD Areosa, 37 puntos...
Categoría cadete
20ª xornada: RACING DE FERROL - CADETE A, o sábado 1 de febreiro ás 10:15 na Gándara 1 (Ferrol)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 57 puntos; 2. RC Celta, 52 puntos...
20ª xornada: CADETE B - ESCOLA ESTRADA FÚTBOL BASE, o sábado 1 de febreiro ás 15:45 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 48 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 45 puntos...
Categoría infantil
Fase polo Título da liga Galega, 3ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - INFANTIL A, o domingo 2 de febreiro ás 10:30 no Municipal de Bertamiráns
21ª xornada: OZA JUVENIL SD - INFANTIL B, o xoves 30 de febreiro ás 19:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 57 puntos; 2. Ural CF B, 47 puntos...
Categoría alevín
9ª xornada: ALEVÍN A - VICTORIA CF A, o sábado 1 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da liga Comarcal: 1 Alevín A e Victoria CF A, 21 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 20 puntos; 4. Ural CF A, 16 puntos...
8ª xornada: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR B, o sábado 1 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B, 21 puntos; 2. Victoria CF C, 18 puntos...
Categoría benxamín
9ª xornada: XESUITINAS A - BENXAMÍN A, o sábado 1 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da liga Comarcal: 1. Benxamín A, 24 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz A, 21 puntos...
8ª xornada: BENXAMÍN B - URAL CF C, o sábado 1 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 21 puntos; 2. Victoria CF B, 14 puntos...
