RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B arrinca a Selis Cup en Cerdeña e o Alevín B xoga en Teruel a Jamón Cup

O Infantil B do Deportivo iniciou esta tarde con triunfo (5-1) o Torneo Internacional Manlio Selis 2017, que se xoga no Stadio Limbara en Luras (Cerdeña, Italia).

O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo D, co Accademia Ogliastra, San Paolo Sassari e Cagliari.

O calendario de competición do Infantil B na Primeira Fase, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 31 de maio
INFANTIL B 5 (Quique -2-, Trigo, Hugo Baldomar e Dani) - ACCADEMIA OGLIASTRA 1

Xoves 1 de xuño
12:00: INFANTIL B - SAN PAOLO SASSARI
19:00: INFANTIL B - CAGLIARI

Os dous primeiros pasan á fase polo título, desde oitavos de final mentres que o terceiro e cuarto de grupo xogarán unha fase de consolación. Todo iso a partir do venres 2 de xuño.

O Alevín B, ao Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

A Jamón Cup en Calamocha (Teruel) será o próximo obxectivo do Alevín B do Deportivo. O torneo desenvolverase do venres 2 ao domingo 4 de xuño nas instalacións de Jumaya.

O Alevín B quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co Montearagón A.D., Athletic Club, Villarreal CF, CDB Massanasa e EFB Salou Costa Daurada.

O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:

Sábado 3 de xuño
09:30: ALEVÍN B - MONTEARAGÓN AD (campo 2)
11:00: ALEVÍN B - ATHLETIC CLUB (campo 2)
15:30: VILARREAL CF - ALEVÍN B (campo 2)
16:30: ALEVÍN B - CDB MASSANASA

Domingo 4 de xuño
11:00: ALEVÍN B - EFB SALOU COSTA DAURADA

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, mentres que o resto de equipos xogará unha fase de consolación, todo iso acto seguido.

O Alevín A representa á Coruña na Danone Cup en Barcelona

A Cidade Deportiva de Abegondo foi o escenario o pasado 6 de maio da fase previa da Danone Cup. O campión, que foi o Alevín A, representará á Coruña na fase final en Barcelona, do venres 2 ao domingo 4 de xuño, na cidade deportiva Dani Jarque (primeira fase) e no estadio de Cornellá El Prat (fase final).

O gañador xogará a fase final mundial, en Nova York no mes de setembro.

Os resultados do Alevín A na fase previa de Abegondo foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Noah e Zerfu) - VICTORIA 1
ALEVÍN A 7 (Mella -2-, Monteagudo -3-, Manu e Carlos) - IMPERÁTOR 0
ALEVÍN A 6 (Meki -2-, Yago -2-, Diego e Mella) - CALASANCIO 0

Semifinal
ALEVÍN A 2 (Meki e Noah) - LUGO 0

Final
ALEVÍN A 2 (Meki e Diego) - URAL 1

O venres 2 de xuño terá lugar a partir das 18:30 o sorteo dos grupos para a primeira fase, que se iniciará xa o sábado 3 de xuño.