O Infantil B, no cartel da Barrinha International Cup en Esmoriz (Portugal)
O Infantil B desprázase esta semana a Portugal para participar na Barrinha International Cup 2019, na localidade de Esmoriz.
O calendario do conxunto deportivista, en horario local (1 hora máis en España), é o seguinte:
Xoves 20 de xuño 21:40: INFANTIL B - CD ARRIFANENSE (campo natural - 2)
Venres 21 de xuño 19:40: INFANTIL B - AC CUCUJÃES (campo sintético - 2) 21:00: INFANTIL B - CD FEIRENSE (campo natural - 2)
Sábado 22 de xuño 11:40: INFANTIL B - SC ESMORIZ (campo natural - 1) 15:40: INFANTIL B - SC ESPINHO (campo sintético - 1)
Os 3 primeiros de grupo pasan á Fase Final; mentres que os restantes do grupo xogarán unha Fase de Consolación.
Dous equipos branquiazuis participan desde mañá no Torneo Internacional Cidade da Coruña
O Alevín B e o Benxamín B participan esta semana na 28ª edición do Torneo Internacional Cidade da Coruña, Trofeo Juan Manuel Iglesias Mato 'Palau', competición organizada polo Orillamar SD nos campos da Torre.
O primeiro deles en competir é o Benxamín B, mañá mércores 19 de xuño. EF Luis Calvo, Imperátor OAR e Orillamar SD A serán os seus primeiros rivais, con este calendario na Primeira Fase:
17:00: BENXAMÍN B - EF LUIS CALVO (campo 1.1) 17:30: BENXAMÍN B - IMPERÁTOR OAR (campo 2.2) 18:00: BENXAMÍN B - ORILLAMAR SD A (campo 3.2)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 19:00 horas.
Pola súa banda, o Alevín B xoga o xoves 20 de xuño. O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo A, co Orillamar SD B, EF Luis Calvo e Imperátor OAR.
O calendario de partidos do Alevín B na Primeira Fase é o seguinte:
17:00: ALEVÍN B - ORILLAMAR SD D (campo 1.1) 17:30: ALEVÍN B - EF LUIS CALVO (campo 2.2) 18:00: ALEVÍN B - IMPERÁTOR OAR (campo 3.1)
Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 19:00 horas.