RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil branquiazul, subcampión da Liga Galega, comeza mañá martes a pretemporada

O Infantil do Deportivo comeza a pretemporada mañá martes 24 de agosto ás 10:00 en Abegondo.

O conxunto branquiazul, subcampión da Liga Galega, estará dirixido por Miguel Figueira. Contará no seu corpo técnico con Manuel Manovel.

O cadro está formado por estes xogadores:

-Porteiros: Joel Barreiro e Rodrigo Leiva

-Defensas: Xabi Campos, Janusz Florek, Íker Fernández, Iago García e Guillermo Pastoriza

-Centrocampistas: Abel Regueira, David Mosquera, Xoel Carro (procedente do Ural CF), Frank Iglesias, Lucas Regueiro, Borja Cortegaza e Nicolás Balbas

-Dianteiros: Rubén Trillo, Hugo Ramos (procedente do Ural CF), Diego López, Marcos Arias, Íker Casuso e Leandro Altieri

O Infantil quedou encadrado no subgrupo B norte da Liga Galega. Os rivais iniciais do conxunto branquiazul son os seguintes: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. Os cinco primeiros xogarán a Fase polo Título cos cinco primeiros clasificados do subgrupo B norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

Na Fase polo Título, o formato será de liga a dobre volta pero só contra os cinco equipos clasificados do subgrupo B norte, cun total de dez xornadas. O primeiro de cada subgrupo da primeira fase arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; os cuartos clasificados cun; e os quintos con cero puntos. Ao concluír esta segunda fase, os dous primeiros xogarán as semifinais contra os dous primeiros do grupo sur, a partido único en casa do mellor clasificado. A final será nunha sede que ditaminará a Federación Galega.

No Grupo pola Permanencia, os equipos quedarán divididos en tres novos subgrupos (D1, D2 e D3), cun formato de liga a dobre volta todos contra todos. Os sextos clasificados de cada subgrupo da primeira fase comezan agora con sete puntos; os sétimos con seis; os oitavos con cinco; os novenos con catro; os décimos con tres; os undécimos con dous; os duodécimos cun; e o décimo terceiro con cero puntos. O último clasificado do subgrupo D1, D2 e D3 perderá a categoría, do mesmo xeito que o peor penúltimo.