O Infantil colle vantaxe en Nigrán na semifinal polo Título da División de Honra: 3-5
O Infantil venceu (3-5) no campo de Ureca de Nigrán ao ED Val Miñor no partido de ida das semifinais polo Título da División de Honra.
Mateo, Borja -3- e Casuso foron os goleadores branquiazuis nun partido moi vistoso e con dous equipos lanzados ao ataque.
Infantil: Gabri, Adrián, Sergio Míguez, Samba, Mateo, Mauro, Borja, Trigo, Casuso, Nico e Roi. Tamén xogaron: Xoel, Íker Rozada, Diego Mosquera, Joel e Joaquín.
O equipo de Kata Sicardi accedeu a estas semifinais como 2º da División de Honra mentres que o ED Val Miñor Nigrán, como 3º.
O partido de volta que decidirá o que pase á gran final xogarase o vindeiro domingo 21 de maio ás 12:00 en Abegondo.