RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil tomba ao ED Val Miñor e xogará a final da Liga Galega ante RC Celta ou CD Conxo Santiago

O Infantil tombou ao ED Val Miñor Nigrán (3-0) nas semifinais polo título galego, a partido único disputado en Abegondo en casa do equipo mellor clasificado, o conxunto deportivista, campión do grupo norte; posto que os vigueses foron segundos clasificado do subgrupo sur.

Leandro, Diego e Marcos foron os goleadores do Infantil, que se puxo por diante xa aos 8 minutos de partido.

Infantil: Rodrigo, Xoel, Guille, Mosquera, Leandro, Hugo, Marcos, Rubén, Janusz, Abel e Iker Fernández. Tamén xogaron: Frank y Diego, Yago e Xabi Campos.

O equipo branquiazul xogará a final para decidir o campión da Liga Galega, nunha sede que ditaminará a Federación Galega, ante o vencedor da outra semifinal que disputarán mañá o RC Celta e o CD Conxo Santiago.

O conxunto deportivista, campión do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, certificou tamén o ascenso para a temporada 2022-23 á recentemente creada División de Honra.

Os branquiazuis, único equipo de #ANOSACANTEIRA en competición oficial a estas alturas da temporada, mandaron no subgrupo norte con 33 puntos. Gañaron 9 partidos e empataron 1, en Santiago ante o CD Conxo Santiago, segundo clasificado. O balance goleador é moi favorable, con 52 tantos marcados e unicamente 8 encaixados.

O seu rival de onte, o ED Val Miñor Nigrán, foi subcampión do subgrupo sur con 29 puntos, a 3 puntos do campión, o RC Celta. Os rivais dos deportivistas gañaron 9 partidos e empataron 1 nesta segunda fase; con 36 goles a favor e 7 en contra.

Os resultados do Infantil nesta fase foron os seguintes:

Segunda Fase
Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz)
Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0
Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)
Infantil 7 (Iker Casuso -4-, Mosquera, Borja e Hugo) - Cidade de Ribeira CF 2
CD Conxo Santiago 2 - Infantil 2 (Janusz e Iker Fernández)
Infantil 9 (Janusz, Marcos -3-, Rubén, Iker Fernández, Diego -2- e Lucas) - Bergantiños CF 0
Victoria FC 2 - Infantil 4 (Janusz -2-, Marcos e Balbas)
Infantil 5 (Janusz -2-, Rubén, Leandro e Diego) - Bertamiráns FC 2
Cidade de Ribeira CF 0 - Infantil 6 (Janusz, Rubén, Marcos, Diego e Lucas -2-)
Infantil 5 (Diego -2-, Leandro, Hugo e Marcos) - CD Conxo Santiago 0

Semifinal
Infantil 3 (Leandro, Diego e Marcos) - ED Val Miñor Nigrán 0