
O luns 22 ás 19.00 horas, data tope para inscribirse no Dépor Campus de Abegondo
Este luns 22 de xuño ás 19.00 horas é a data tope de inscripción para o Dépor Campus de Abegondo 2015, que ten previsto iniciar a súa actividade a final de mes. Agora mesmo, o Club conta para este campus con ao redor de 200 ninñinscri
Os nenos e nenas de entre 6 e 15 anos que participen neste Campus terán a gran oportunidade de compartir instalación cos futbolistas profesionais do primeiro equipo, xa realizando a pretemporada tamén en Abegondo.
Podes descargarche aquí as follas de información e inscrición:
- XIV Dépor Campus Abegondo (do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 ao 10 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición
- XIV Dépor Campus Abegondo Porteiros (do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 ao 10 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición
Estas son as rutas de autobuses expostas para este Campus:
Praza de España
Rúa de La Torre
Parrote
Praza de Ourense
A Palloza
Miradoiro dos Castros
Camilo José Cela, Bloque 30
Matogrande (Glorieta Juan Díaz Porlier)
Mesoiro (Gasolineira Cepsa)
...ruta ata Abegondo por Rolda do Real Club Deportivo.
Máis de 700 nenos formalizaron xa a inscrición para participar nos Dépor Campus 2015, que este verán se estenderán durante todo o mes de xullo por varios puntos de Galicia. Así, ademais do Dépor Campus de Abegondo, que cumprirá xa catorce edicións, e do de Carballo, que celebrará a súa segunda; Viveiro, Caranza, Monforte ou Rianxo tamén acollerán actividades formativas e lúdicas baixos a coordinación e supervisión do Deportivo.
O XIV Dépor Campus de Abegondo abrirá cinco semanas intensas de actividades coas súas dúas quendas: do 29 de xuño ao 3 de xullo e do 6 de xullo a 10 do mesmo mes. Paralelamente, esa primeira semana de xullo, os nenos da Mariña lucense poderán gozar do I Dépor Campus de Viveiro no campo de Cantarrana. As Eiroas acollerá do 13 ao 17 de xullo o II Dépor Campus de Carballo. Pola súa banda, o Municipal de Caranza será a sede do I Dépor Campus en terras ferrolás do 20 ao 24. Finalmente, os campos dos Escolapios de Monforte e Rianxo, neste caso en colaboración co CD Unión, acollen estas actividades entre o 27 e o 31 de xullo.
- I Dépor Campus Viveiro (do 29 de xuño ao 3 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición
- II Dépor Campus Carballo (do 13 ao 17 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición
- I Dépor Campus Caranza (do 20 ao 24 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición
- I Dépor Campus Monforte (do 27 ao 31 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición
- I Dépor Campus Rianxo (do 27 ao 31 de xullo)
Descargar información e folla de inscrición
A través de deporcampus@canaldeportivo.com ou no 981 259 500 pódense coñecer máis detalles sobre os Dépor Campus 2015.



