RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Mundial 2018 un dos temas estrela da Xunta Directiva da Federación Española de Fútbol

A candidatura conxunta de España e Portugal para organizar o Mundial 2018 foi un dos temas que se trataron na Xunta Directiva da Federación Españonda de Fútbol que se celebró onte xoves e á que asistió o President

Esta noite o dirixente branquiazul representará ao Club con motivo da cea de gala do Centenario da Federación Española de Fútbol, na que coincidirán o Presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, con Joseph Blatter, Presidente da FIFA.

Neste sentido, e a petición do Goberno español, Blatter será recibido en audiencia no Palacio da Moncloa por Zapatero o próximo 18 de novembro. A FIFA decidirá que candidatura é a elixida para organizar o próxmio Mundial de 2018 o ano que vén por estas datas.

Por iso, o mes que vén haberá a primeira gran criba de sedes en España. De 25 cidades, entre as que está A Coruña, quedarán só 10. Augusto César Lendoiro pediu publicamente o pasado 12 de outubro que as institucións públicas da Coruña e de Galicia recollan a luva. "... Que o alcalde, o tenente alcalde, o portavoz da oposición, a Deputación e a Xunta collan a bandeira".