RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Cadete, en semifinais da Liga Galega, é o único equipo de ANOSACANTEIRA feminina con partido esta fin de semana

Un único partido xógase esta fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

O sábado 17 de maio ás 10:00 en San Pedro de Visma, o Orzán SD Cadete mídese ao Victoria CF nas semifinais da Fase polo Título do Campionato Galego.

As orzanistas apearon en cuartos de final ao Bergantiños CF e as blanquinegras ao Victoria FC de Santiago.

En canto ao resto, concluíron as súas ligas, ademais do Dépor ABANCA B, o Orzán SD Sub-21, campión de Primera Autonómica e ascendido a Tercera Federación; e o Orzán SD Xuvenil (na foto da noticia), que acabou 3º no grupo 1º da Segunda Autonómica e está á espera de confirmación oficial do seu ascenso a Primera Autonómica.

Descansan o Orzán SD Infantil A e o B na segunda fase da Liga Galega.

Con todo iso, o calendario de partidos é o seguinte:

Primera Autonómica
Clasificación final: 1. Orzán SD Sub-21, 76 puntos; 2. EFM Concello de Boiro, 71 puntos...

Segunda Autonómica
Clasificación final: ... 2. SCD Pastoriza, 75 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil e UD Carral, 64 puntos; 5. Sporting Burgo, 58 puntos... 

Liga Galega cadete
Fase Final polo Título, semifinal, ida: VICTORIA CF - ORZÁN SD CADETE, o sábado 17 de maio ás 10:00 en San Pedro de Visma 1

Liga Galega infantil, segunda fase
Clasificación do grupo 1A: 1. Orzán SD Infantil A, 21 puntos; 2. SCD Milagrosa, 15 puntos...

Clasificación do grupo 2A: 1. Orzán SD Infantil B, 18 puntos; 2. Silva SD, UD Cerqueda e UC Cee, 12 puntos...