RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ORZÁN SD

O Orzán SD Cadete Femenino gana en Friol e supera os 200 goles marcados na Liga Galega

O Orzán SD Cadete Femenino vence (0-8) na súa visita ao PM Friol e, con este resultado, suma 205 goles a favor nos 25 partidos disputados até a data no subgrupo 1º da Liga Galega.

Daniela Macedo -2-, Valeria Montero -3-, Candela González, Yanis Citoula e Claudia Sande foron as goleadoras no Municipal da Reigosa.

Con este resultado, o conxunto de Alejandro Lourido é líder do grupo con 75 puntos de 75 posibles; seguido do Victoria CF con 66 pero un partido menos xogado.

No vestiario orzanista todo foron boas noticias, porque ademais Claudia Sande incorporouse hoxe martes aos adestramentos coa selección española sub-14 en Los Ángeles de San Rafael (Segovia); mentres que Antía Veiga e Daniela Macedo participarán mañá mércores ás 19:30 coa selección galega sub-15 nun amigable ante o Bertamiráns CF de categoría infantil.

Orzán SD Cadete Femenino: Antía Veiga, Valentina Millón, Paula Martínez, Martina Vázquez, Claudia Sande, Daniela Macedo, Lucía Gómez, Sarai Martínez, Marta Moreno, Valeria Montero e Candela González. Tamén xogaron: Sila Santiso, Yanis Citoula e Sofía Milhem.

O vindeiro sábado, o Orzán SD Cadete Femenino recibe ao EF Lalín.

Os resultados até a data do Orzán SD Cadete Femenino son os seguintes:

Sporting Cambre 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Sofía Milhem -3-, Claudia Sande, Alexia Freire, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -2-, Yanis Citoula e Lucía González)
Orzán SD Cadete Femenino 13 (Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Candela Fernández, Alexia Freire, Yanis Citoula -2- e Lucía González -2-) - SDC Órdenes 0
SCD Milagrosa 0 - Orzán SD Cadete Femenino 13 (Valentina Millón, Candela Fernández -2-, Sofía Milhem -2-, Daniela Macedo -4-, Valeria Montero, Alexia Freire e Sofía Rodríguez -2-)
Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Milhem -2-, Candela González e Sofía Rodríguez -2-) - Victoria CF 0
Orzán SD Cadete Femenino 6 (Sofía Rodríguez -2-, Candela Fernández -2-, Lucía González e Candela González) - SD O Val 0
Escuela FB Amistade 0 - Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Rodríguez, Daniela Macedo -3- e Claudia Sande)
Orzán SD Cadete Femenino 10 (Alexia Freire -2-, Lucía González -5-, Sofía Rodríguez, Sofía Milhem e Valentina Millón) - SCD Pastoriza 1
Santa Cruz CF 0 - Orzán SD Cadete Femenino 6 (Candela González -2-, Lucía González, Yanis Citoula, Alexia Freire e Daniela Macedo)
Orzán SD Cadete Femenino 11 (Marta Moreno, Lucía González -5-, Claudia Sande, Candela González -2-, Yanis Citoula e Lucía Gómez) - UD Cerqueda 0
Bergantiños CF 0 - Orzán SD Cadete Femenino 14 (Martina Vázquez, Yanis Citoula, Candela González, Lucía González -2-, Valeria Montero -2-, Sofía Milhem -4-, Sofía Rodríguez, Naiara Fontenla e Daniela Macedo)
Orzán SD Cadete Femenino 3 - PM Friol 0
EF Lalín 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Valeria Montero -3-, Candela González, Alexia Freire, Yanis Citoula -2-, Daniela Macedo -2-, Sofía Rodríguez e Lucía González)
Orzán SD Cadete Femenino 6 (Lucía González -2-, Marta Moreno -2-, Candela González e Sila Santiso) - Dumbría CF 0
Orzán SD Cadete Femenino 8 (Sofía Milhem -3-, Yanis Citoula, Marta Moreno, Lucía González, Daniela Macedo e Candela Fernández) - Silva SD 0
Orzán SD Cadete Femenino 9 (Yanis Citoula -3-, Valeria Montero, Daniela Macedo, Sofía Milhem, Candela González, Candela Fernández e Alexia Freire) - Sporting Cambre 0
SCD Órdenes 0 - Orzán SD Cadete Femenino 11 (Daniela Macedo, Sofía Rodríguez -2-, Valeria Montero, Claudia Sande, Naiara Fontela, Sofía Milhem -2-, Yanis Citoula, Marta Moreno e unha futbolista rival en propia meta)
Orzán SD Cadete Femenino 11 (Candela Fernández -2-, Yanis Citoula -2-, Claudia Sande, Marta Moreno, Sofía Rodríguez -2-, Emma Gandoy -2- e unha futbolista rival en propia meta) - SCD Milagrosa 0
Victoria CF 0 - Orzán SD Cadete Femenino 5 (Claudia Sande, Marta Moreno, Emma Gandoy, Sofía Rodríguez e unha futbolista rival en propia meta)
SD O Val 0 - Orzán SD Cadete Femenino 3 (Sofia Milhem, Sofía Rodríguez e Marta Moreno)
Orzán SD Cadete Femenino 7 (Noa Fariña -2-, Valeria Montero -2-, Daniela Macedo -2- e Sofía Rodríguez) - Escuela FB Amistade 0
SCD Pastoriza 0 - Orzán SD Cadete Femenino 7 (Marta Moreno -2-, Daniela Macedo -2-, Alexia Freire, Sofía Milhem e Sofía Rodríguez)
Orzán SD Cadete Femenino 5 (Sofía Milhem, Marta Moreno, Daniela Macedo, Candela Fernández e Alexia Freire) - Santa Cruz CF 0
UD Cerqueda 1 - Orzán SD Cadete Femenino 10 (Sofía Rodríguez -2-, Marta Moreno -3-, Sofía Milhem -3-, Paula Martínez e Valentina Millón)
Orzán SD Cadete Femenino 7 (Daniela Macedo -4-, Candela González, Sofía Rodríguez e Sofía Milhem) - Bergantiños CF 0
PM Friol 0 - Orzán SD Cadete Femenino 8 (Daniela Macedo -2-, Valeria Montero -3-, Candela González, Yanis Citoula e Claudia Sande)