RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ORZÁN SD

O Orzán SD Xuvenil Femenino elimina ao Orillamar SD e pasa a cuartos de final da Copa da Coruña

O Orzán SD Xuvenil Femenino superou ao Orillamar SD (2-4), equipo que milita na Tercera Autonómica, e clasificouse para os cuartos de final da II edición da Copa da Coruña.

A eliminatoria xogouse a partido único.

Noe Mayo -2- e Noe Gómez -2- foron as autoras dos goles orzanistas.

Orzán SD Xuvenil Femenino: Paula Bermúdez, Olicia, Nadia Longueira, Paula Martínez, Noelia Furelos, Emma Gandoy, Noe Mayo, Noa Fariña, Ana Capelo, Paula Sánchez e Noe Gómez. Tamén xogaron: Daniela Agilda, Daniela Basalo, Mica Baratelli, Dunia Dahmouni e Alexia Freire.

Agora, o conxunto de Abel Sánchez medirase en cuartos de final ao Sporting Burgo en data por determinar.

O Orzán SD Xuvenil Femenino foi o campión da I edición da Copa da Coruña após derrotar (2-0) ao Victoria CF B o pasado 8 de xuño de 2023 na final disputada en ABANCA-RIAZOR, con dobrete da internacional Lucía Rivas.